16 xaneiro 2015

Segunda reunión e novo libro escollido!

                                                                                    Ola!

O pasado 18 de decembro reunímonos de novo para comentar o primeiro de moitos libros do noso club de lectura: O neno co pixama de raias (se pulsades no título redirixiravos á entrada na que falamos deste libro), o best-seller do irlandés John Boyne.
Nesta reunión falamos que en xeral o libro nos gustara, e todos dixemos que o final era... sorprendente! Tamén Álvaro, o noso profesor, proxectou un resumo do libro con detalles e curiosidades deste, así como algunhas diferenzas en canto á película, da cal vimos o tráiler.

Tivemos tempo para falar entre nós mentres gozabamos dunha variedade de turróns que, por certo, estaban moi ricos. Finalizamos a reunión sacándonos unha foto de todos os integrantes do club.
Aproveitando a entrada, informámosvos de que, despois de escoller o libro El avó que saltou pola ventá pero decidir que tiña demasiadas páxinas, decidimos os próximos títulos a ler. Son dous, para que cada un elixa o que queira: Cazadores de Sombras, por Cassandra Clare, e O Hobbit, de J.R.RTolkien.

Dito isto, ata a próxima!




30 outubro 2014

Xa inauguramos o clube!

O pasado xoves 16 de outubro, na biblioteca do IES Ferrol Vello levouse a cabo a primeira reunión do Clube de Lectura da Biblioteca do IES Ferrol Vello. Nesta reunión falouse do que se fará neste clube, decidiuse que libro será lido:o drama dentro do ámbito alemán nazi en 2006 polo autor irlandés John Boyne, O neno do pixama a raias.

Portada do libro O neno do pixama a raias