08 xaneiro 2018

Cartas de inverno

Hoxe tivemos a reunión do Club de Lectura IES Ferrol Vello para comentar o libro que limos no primeiro trimestre: "Cartas de inverno" de Agustín Fernández Paz.

Presentámolo visualizando o booktrailer feito pola profesora do CPI As Mirandas Yolanda Castro.

Na reunión discutimos sobre os personaxes da novela, as opinións sobre o final, que non estaba moi claro, e soubemos que Xerais publicou a novela gráfica de Antonio Seijas basada nesta novela co mesmo título.

Neste enlace tedes o booktrailer basado na novela gráfica e aquí tedes unha foto da reunión.


24 xuño 2017

Viaxe a Ortigueira (3)

Despois dun día ben completo en Ortigueira, onde tamén houbo tempo para xogos e paseo á praia, voltamos a Ferrol. É ben certo que pertencer a un club de lectura posibilita moitas experiencias!!







Viaxe a Ortigueira (2)

En Ortigueira visitamos a Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre, moi ben guiados pola bibliotecaria quen, pacientemente, nos deu información do edificio e atendeu todas as nosas preguntas. Ademais agasallounos con exemplares dos Bolechas en Ortigueira: Grazas!!









Viaxe a Ortigueira (1)

A última actividade do Club de Lectura foi unha viaxe en tren a Ortigueira