23 setembro 2022

O último Barco.




Das conversacións con compañeiras na xornada de clubs de lectura  saquei a idea de ler O último barco, de Domingo Villar e facer unha ruta guiada por Moaña.

E así fixemos, levamos para ler no verán, tristemente, o último libro de Domingo Villar coa última aventura de Leo Caldas e o 18 de setembro reunímonos en Moaña para falar do libro nos escenarios onde transcorre.

Contratamos coa organización "A illa dos ratos" unha ruta guiada polos escenarios de Moaña que aparecen na novela e despois cruzamos en barco ata Vigo como facía a protagonista desta novela.

Óscar, o noso guía en Moaña, fixo unha sesión de club sobre O último barco, preciosa, tanto polo que nos contou como polos sitios que paseamos. Foi lendo e comentando fragmentos nos lugares onde ocorrían. Volvemos a Ferrol encantados e desexando repetir a experiencia con outros libros.

Aquí estamos diante da estación onde Mónica collía o barco

Esta é a casa de Mónica onde ocorre o asasinato.
Esta é a entrada ao seu gabinete.
 
              
       
 






A igrexa e o cemiterio onde esconderon o cadáver


Praia de O con



A illa de André o vaporoso cos cormoranes.


   


O eligio

A escola municipal de artes e oficios. Non estaba Napoleón, nin as súas namoradas.

17 xuño 2022

SENLLEIRAS


 
O último libro que limos este curso foi Senlleiras de Antía Yáñez. Suxeriuno Fran, o noso director. É unha novela que fala de maltrato ás mulleres, contando dúas historias en paralelo en dúas épocas moi diferentes. Gozamos da lectura aínda que sufrimos e estivemos de acordo en que non ten razón de ser tan pesimista.

En canto a autora, Antía Yáñez, traio o dossier do blog de Bibliotecas Escolares da Xunta. Foi a autora máis lida nos clubs de lectura dos centros de ensino de Galicia do curso 20/21. O venres 10 estivo nas XIV xornada de clubs de lectura á que tiven a sorte de asistir e escoitar unha interesante entrevista na que contou que a idea de Senlleiras xurdiu porque sentía que lle faltaba información sobre este tema, así que se documentou e ecribui esta novela.





10 xuño 2022

DENÉBOLA A ROXA

 

                                 

O autor de esta novela é Héctor Cajaraville, un profesor de Lingua Galega nun instituto e gañou o premio Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil con Denébola a Roxa. 

Esta é a sinopsis:

O 15 de marzo de 1600, o mesmo día en que fai quince anos, Denébola recibe a noticia de que o seu pai decidiu enviala como noviza a un convento de clausura. Pero a moza, que comparte nome cunha das estrelas máis brillantes da constelación de Leo, loitará por un futuro máis luminoso ca este que o seu pai, o poderoso señor de Mourentán, elixiu para ela. Marcada pola superstición asociada á súa cabeleira roxa, buscará o modo de rexerse polos seus propios principios e tomar as rédeas do seu destino. Na súa viaxe á procura da liberdade acabará chegando a América, un Novo Mundo no que todo está por facer e onde é posible converter en realidade o soño de trazar o seu camiño na vida. Ao longo da novela asistimos á transformación da xove protagonista nunha muller que se rebela contra os prexuízos, as convencións e os costumes do seu tempo. Nunha época en que as mulleres están subordinadas por completo aos designios masculinos e condenadas a un papel de submisión, Denébola agarra con forza o temón da súa vida e acaba sendo primeiro capitá dun barco pirata e logo propietaria dun dos maiores consorcios para o transporte de mercadorías entrambas as beiras do Atlántico. 'Denébola a Roxa' é unha novela de aventuras de estrutura áxil e dinámica, que relata o desafío dunha muller brava nun mundo de homes. Un exemplo de como a afouteza e a perseveranza conseguen derrubar todas as barreiras.

Gañou moitos más premios e este ano publicou un libro sobre Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado no día das letras galegas.  Aquí tedes un vídeo onde nolo conta.


27 maio 2022

EXPOTAKU

 O día 20 de maio foi o día grande do club de lectura: Por fin puidemos ir de excursión a a Expotaku, a  feira de anime, cosplay e gaming na cidade da Coruña. Nela disfrutamos de exposicións, trivials, torneos de videoxogos, demostracións e partidas libres de xogos de mesa, obradoiros, proxeccións documentais, photocall e moito máis. 


Aquí tedes as fotos dese día: