28 outubro 2022
INTEMPERIE
21 outubro 2022
11 DE OUTUBRO DÍA INTERNACIONAL DA NENA
![]() |
| Esta é a porta da nosa biblioteca estes días |
Este ano conmemoramos no instituto o Día Internacional da Nena co traballo conxunto da biblioteca, o departamento de orientación e o profesorado titor.
Utilizamos o material da organización "La luz de las niñas" de Interculturas.
Visualizamos os vídeos que fixo esta organización para este ano:
Nas titorías traballamos as súas unidades didácticas.
Na biblioteca a partir dos vídeos eleximos frases destes vídeos que colgamos na nosa árbore:
11 outubro 2022
23 setembro 2022
O último Barco.
Das conversacións con compañeiras na xornada de clubs de lectura saquei a idea de ler O último barco, de Domingo Villar e facer unha ruta guiada por Moaña.
E así fixemos, levamos para ler no verán, tristemente, o último libro de Domingo Villar coa última aventura de Leo Caldas e o 18 de setembro reunímonos en Moaña para falar do libro nos escenarios onde transcorre.
Contratamos coa organización "A illa dos ratos" unha ruta guiada polos escenarios de Moaña que aparecen na novela e despois cruzamos en barco ata Vigo como facía a protagonista desta novela.
Óscar, o noso guía en Moaña, fixo unha sesión de club sobre O último barco, preciosa, tanto polo que nos contou como polos sitios que paseamos. Foi lendo e comentando fragmentos nos lugares onde ocorrían. Volvemos a Ferrol encantados e desexando repetir a experiencia con outros libros.
![]() |
| Aquí estamos diante da estación onde Mónica collía o barco |
![]() |
| Esta é a casa de Mónica onde ocorre o asasinato. Esta é a entrada ao seu gabinete. |
![]() |

![]() |
| Praia de O con |


































