28 outubro 2023

O SOUTO DOS CATRO VENTOS

 

 

A novela que eliximos para a transición entre o curso 22/23 e 23/24 foi O souto dos catro ventos.

É unha novela que transcorre en dúas épocas: comezos do século XIX, esta parte é unha novela histórica e romántica, e a actualidade, unha novela de crime e misterio.

Temos unha reflexión moi positiva dunha lectora que desfrutou da novela polas paisaxes, os feitos históricos, personaxes e historias particulares. Resalta a Marina a protagonista da época do século XIX, pola súa determinación e forza para opoñerse e loitar contra as leis sociais da época que non permitían ás mulleres ser donas da súa vida. 

Hai opinións que sendo  menos favorables recoñecen que  é un libro agradable de ler aínda que algúns aspectos da trama non son moi cribles, pero como ocorre con todos os libros dános para pensar e reflexionar.

Todos o que o limos estamos de acordo en que a ambientación é todo un acerto, e isto levounos a facer unha ruta literaria polos sitios onde se desenvolve. Visitamos o mosterio de Oseira, Ourense e Santo Estevo de Ribas de Sil.  

Tamén visitamos a igrexa rupestre de San Pedro de Roca, escavada baixo o monte Barbeirón. Non aparece na novela pero estaba cerca e paga moitísimo a pena visitala. É o conxunto monacal más antigo de Galicia. Tanto a paisaxe como a construcións son marabillosas.

Aquí tedes fotos desta ruta literaria.

Tivemos unha visita guiada ao mosterio de Oseira pero antes paseamos polo seu precioso entorno e dentro visitamos a botica onde ocorren episodios moi importantes da novela.









 

 


En San Estevo de Ribas de Sil é onde trancorre a maior parte da trama, tanto na pequena aldea como no mosterio. Paseamos polo souto dos catro ventos.

 








Os antigos fornos do mosteiro

A casa do alguacil


En Ourense visitamos as fontes que foron trasladadas desde os mosterios de Santo Estevo e Oseira ás súas prazas e parques





 

 



As Burgas





San Pedro de Roca


  









19 xuño 2023

JOJO'S

 



Este curso volvemos ter club de Manga e estivo centrado en Jojo's. Xa tiñamos as primeiras series pero adquirimos as seguintes. 

JoJo's Bizarre adventure (ジョジョの奇妙な冒険 JoJo no Kimyō na Bōken, lit. A estraña aventura de JoJo) é unha serie de banda deseñada xaponesa, manga, escrita e ilustrada por Hirohiko Araki, cuxa publicación comezou en 1987. Actualmente, JoJo's Bizarre Adventure consta dun total de 121 volumes, pero aínda segue en publicación.

Conta a historia da familia Joestar e dos seus descendentes, que serán identificados cunha marca de nacemento nas costas en forma de estrela. O nome da serie fai referencia ao alcume que reciben todos os protagonistas das distintas temporadas, xa sexa coma resultado de xuntar a primeira sílaba dos seus nomes coa primeira dos seus apelidos, (Jonathan Joestar, Giorno Giovanna...) ou doutras variantes, coma no caso de Kujo Jotaro, ao que chaman Jojo pola repetición da sílaba "jo" (ジョ) dúas veces seguidas no seu nome.

A trama xirará en torno ao deber da familia de afrontar perigos paranormais usando uns poderes que cada un deles ten.