Este curso asistimos á nova exposición que preparou a Asociación Española Contra o Cancro de Ferrol na sala de Exposición do porto.
19 outubro 2024
13 outubro 2024
DÍA EUROPEO DAS LINGUAS
Este curso celebramos o día 26 de setembro: Día europeo das linguas.
Unha xornada que aproveitamos para reflexionar e dar importancia a todas as linguas do mundo, abundando no valor da nosa lingua.
Fixemos guirnaldas para decorar a nosa árbore e unha exposición con libros de diferentes linguas da nosa biblioteca
30 setembro 2024
CLUBS DE LECTURA 24-25
Arrancan los Clubs de Lectura do IES Ferrol Vello. Este curso comezamos cos clubs de lectura.
O Club de Adultos está lendo O que calan os mortos e a próxima fin de semana temos a nosa excursión á ruta literaria por Oviedo e Xixón.
Estamos coas actividades de benvida ao novo alumnado do centro e reencontrándonos cos membros dos nosos clubs.
22 xuño 2024
LA CASA DE BERNARDA ALBA
Este curso volvemos elixir unha obra de teatro para a última sesión do club, foi A casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca.
É unha obra terrible pero ao mesmo tempo cargada de poesía.
Xa a léramos case todos os membros na nosa adolescencia e estivemos de acordo en que agora nos parecía moito máis terrible debido a que entendiamos mellor a situación e isto aumentaba a nosa empatía.
Como sempre tivemos unha enriquecedora conversación sobre o contexto histórico, a personalidade de Federico, que ben entendía e sentía a opresión contra as mulleres, seguramente porque, debido á a súa orientación sexual, el se sentía oprimido e encerrado aínda que, grazas á a situación económica da súa familia, puido permitirse saír das paredes físicas e estudar en Madrid, viaxar e coñecer outros artistas en España e fóra de España, non puido expresar os seus afectos libremente.
E coma sempre levamos a situación da obra á nosa experiencia persoal, que a pesar de quedar lonxe no tempo non quedaba tan lonxe da mentalidade do noso entorno nos anos oitenta do século pasado.
Por outro lado tamén estivemos de acordo en que esta obra, como o autor, é universal e pode levarse a situacións de todos os lugares e de todos os tempos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



.jpg)






