26 abril 2025

DÍA DO LIBRO 2025: Visita do alumnado de 2º de ESO á Escola Oficial de Idiomas de Ferrol

 Co alumnado de 2º de ESO fomos visitar a EOI para informalos de que linguas poden estudar nesta Escola. Aquí tedes un vídeo e fotos desta interesante actividade.













DÍA DO LIBRO 2025: Visita á Biblioteca Central e á Feira do Libro de Ferrol

 Este ano celebramos o día do Libro visitando co alumnado de 1º a Biblioteca Central de Ferrol e a Feira do Libro de Ferrol.














LEÓN EL AFRICANO




Hoxe tivemos reunión do club de lectura e aproveitamos para celebrar o día do libro.

 A novela deste mes foi León el Africano. É unha novela histórica que viaxa no tempo e no espazo. Neste caso gozou máis da novela a sección de letres, sobre todo afeccionados á historia. A parte de ciencias botamos en falta emoción e compromiso cos seus do protagonista.

Un breve resumo da novela:

Nunha época de crise na que dous grandes imperios pugnan pola supremacía no Mediterráneo, Hasan, nacido en Granada pouco antes de 1492 e máis coñecido como León o Africano, emprende unha extraordinaria peregrinación que, guiado pola súa paixón de vivir, levarao á misteriosa cidade de Tombuctú, aos quince reinos negros situados entre o Níxer e o Nilo, e á cegadora Constantinopla. Finalmente, os seus coñecementos e experiencias, onde se funden a cultura oriental e a occidental, o mundo cristián e o do islam, serán postos ao servizo do papa León X e de Julio de Médicis.

Biografía de Amin Maalouf

Escritor libanés, Amin Maalouf desenvolveu a súa carreira literaria en lingua francesa. Maalouf estudou Economía e Socioloxía na Universidade Francesa de Beirut. Máis tarde, traballou como correspondente e director do xornal An Nahar. En 1976, como consecuencia da guerra civil no Líbano, exiliouse a Francia, onde reside desde entón.

Na obra de Maalouf mestúrase realidade e a ficción, así como as culturas orientais e occidentais. Os seus temas máis frecuentes son a emigración e a guerra do seu pobo. En 1993, recibiu o Premio Goncourt pola roca de Tanios, dándose a coñecer ao gran público.

De entre a súa obra cabería destacar ensaios como As Cruzadas vistas polos árabes ou O desaxuste do Mundo e novelas históricas como León o africano. Tamén se achegou á narrativa desde unha perspectiva máis persoal, como se pode apreciar en Os Desorientados.

Maalouf é membro da Academia Francesa e en 2010 recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Letras como recoñecemento a toda a súa carreira literaria.

08 marzo 2025

DOLORES CLAIBORNE


 Xa tivemos a reunión sobre a Dolores Claiborne, de Stephen King.

Teño que recoñecer que houbo algunhas reticencias sobre se o pasaríamos moi mal léndoa, se sería de terror. Esta é a primeira novela Stephen King que leín e agradezo coñecelo, penso ler moito máis.

Ao final pasámolo mal lendo pero non polo terror senón porque o que trata é bastante realista e hai situacións polas que podemos pasar calquera de nós.

Aquí tedes a sinopse da novela, intentei non revelar moito e manter a intriga:

Durante trinta anos, os habitantes de Little Tall Island esperaron pescudar que pasou durante o estraño día -o día da eclipse total- en que morreu o marido de Dolores Claiborne. Agora a policía quere pescudar que pasou onte, cando a rica muller para a que Dolores facía as tarefas domésticas, unha muller prostrada na cama, morreu repentinamente. Sen outra opción máis que falar, Dolores presenta a súa conmovedora confesión.


Biografía de Stephen King

Stephen Edwin King (Portland, Maine, 21 de setembro de 1947), máis coñecido como Stephen King e ocasionalmente polo seu pseudónimo Richard Bachman, é un escritor estadounidense de novelas de terror, ficción sobrenatural, misterio, ciencia ficción e literatura fantástica. 

Os seus libros venderon máis de 500 millóns de exemplares, e na súa maioría foron adaptados ao cinema e á televisión. Publicou 65 novelas, once coleccións de relatos e novelas curtas, e sete libros de non ficción, ademais dun guion cinematográfico, entre outras obras.

Desdeñado por críticos e académicos literarios por ser considerado un autor «comercial», a súa obra xerou maior atención desde a década de 1990, aínda que algúns deses círculos continúan rexeitando os seus libros.​ É criticado regularmente polo seu estilo presuntamente «non literario» e pola excesiva extensión dalgunhas das súas novelas.  Pola contra, o seu sentido da narración, os seus personaxes animados e coloridos e a súa capacidade para xogar cos temores dos lectores foron obxecto de eloxios. Aínda que en varias das súas historias utiliza o recurso do terror, tamén aborda de maneira regular temas como a infancia, o racismo e a guerra, brindando un retrato social moi realista dos Estados Unidos.

King gañou numerosos premios literarios, incluíndo o Premio Bram Stoker en trece ocasións, o Premio British Fantasy sete veces, os Premios Locus en cinco oportunidades, o Premio Mundial de Fantasía catro veces, o Premio Edgar en dúas ocasións e os premios Hugo e O. Henry nunha oportunidade. Ao ser nativo de Maine, moitas das súas historias desenvólvense nese estado. Tamén é frecuente o seu uso de cidades ficticias situadas en Maine, como Castle Rock, Jerusalem's Lot e Derry. É esposo da escritora e activista Tabitha King desde 1971, coa que ten tres fillos: Naomi Rachel (1970), Joe (1972) e Owen (1977).

Enlace ao trailer da película baseada na novela: