07 febreiro 2026

ARSÈNE LUPIN: Caballero ladrón


Biografía do autor: Maurice Leblanc, de nome completo Maurice-Marie-*Émile Leblanc, naceu en Ruan o 11 de decembro de 1864 e morreu en Perpiñán o 6 de novembro de 1941.

Estudou en Francia, Alemaña e Italia para despois traballar nun negocio familiar. Formouse en Dereito, abandonando os estudos para traballar como reporteiro policial en varios xornais.

No literario, Leblanc publicou a súa primeira novela en 1887 con escaso éxito, e en 1905, por encargo do editor do xornal Je Sais Tour, publicou por entregas un relato que tiña por protagonista a Arsène Lupin, que alcanzou un éxito inmediato. Dous anos máis tarde, publicaría a primeira novela deste personaxe, do que obtivo froito durante vinte e cinco anos, publicando sesenta novelas ou relatos curtos.

Foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra en 1908 e, unha década despois, Oficial da Lexión de Honra.

Sobre o libro: A bordo do transatlántico Provence, cuxas autoridades foron postas sobreaviso da presenza do ladrón, Lupin coñece a Nelly Underdown, unha millonaria que lle rouba o corazón e a quen el rouba as xoias.

Arséne Lupin, que logrou ser máis famoso que o seu creador, naceu como un encargo do editor Pierre Lafitte ao escritor Maurice Leblanc. Neste libro reúnense os nove contos -relacionados entre si como os capítulos dunha serie televisiva- que Leblanc publicou na revista de Lafitte, Je sais tout.

Cando se produce a detención de Arsène Lupin ao baixar do barco en Nova York, xa o seu biógrafo acompáñalle, como Watson acompañará sempre a Sherlock Holmes. A diferenza é que aquí é o propio Maurice Leblanc quen se transforma en personaxe para contar as aventuras do protagonista da súa invención.

16 xaneiro 2026

GOLPES DE LUZ




 En Nadal  limos Golpes de Luz de Ledicia Costas, unha novela que aínda que trata temas oscuros que tristemente reflicten a vida real, o xeito en que nolo conta aporta luz como o título. Os membros do club disfrutamos moito da lectura e varias lectoras contaron que Luz lembráballes á a súa avoa.

Aquí tedes unhas reflexións de Ledicia Costas Sobre los cuidados

Sinopse:

Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo que regresa a Galicia co seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos e está convencido de que a avoa Luz é o deus Thor porque nunca se separa do seu martelo. Malia que agoche polvoróns nas medias, beba Sansón ata ver dobre e diga mentiras sen parar, Sebas adora a súa avoa. Xulia non opina o mesmo. Para ela, volver á casa familiar supón enfrontarse a un pasado cheo de segredos que precisa desvelar. O narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o mundo dos coidados e a procura da verdade envolven este melodrama, salvaxe e tenro, habitado por uns personaxes inesquecibles.

Sobre Ledicia Costas: 

Nada en Vigo no ano 1979 é avogada, aínda que hai anos que dedica á literatura todo o seu tempo, pois estreouse como autora sendo moi nova coa publicación da novela xuvenil Unha estrela no vento (2000).


Desde entón e ata hoxe, no eido da narrativa infantoxuvenil ten publicado O corazón de Xúpiter (2012) ―Premio AELG―, Recinto gris (2014), Inmundicia e Roñoso (2015) e, sobre todo, Escarlatina, a cociñeira defunta (2014), libro co que gañou primeiramente o Premio Merlín e logo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, amais do unánime recoñecemento de público e crítica e a súa inclusión na lista de honra do IBBY. Recentemente apareceu Esmeraldina, a pequena defunta (2016), na mesma liña de terror amable e divertido que o libro protagonizado por Escarlatina.


Baixo o acrónimo Pereledi, asinou diversas obras co tamén narrador Pere Tobaruela nas que a intriga e a fantasía son ingredientes fundamentais: Desaparizión (2011), Mortos de Ningures (2011), Letras de xeo (2012) e Ouro negro (2012). Aínda por saír está Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante, historia coa que obtivo o prestixioso Premio Lazarillo en 2015.

No eido da prosa para todas as idades publicou o libro de relatos Un animal chamado néboa (2015), narracións nas que a dura vivencia da guerra e as súas lacerantes consecuencias crean sobrecolledoras atmosferas de anguria e soidade.
Complementariamente a este seu quefacer como narradora, Costas tamén é habitual en palestras e xornadas sobre literatura e ten recitado os seus versos nos máis variados espazos.