26 marzo 2015

Nova reunión do Club de Lectura

Esta vez para comentar "O asasino da garavata".... Comezamos dándolle unha nota cada un, e sacou de media 8,5 (Notable alto).
Probablemente o libro que máis gustou ata o de agora. Gustounos a intriga, a narración dende distintos puntos de vista, o tamaño... Moi recomendable!
Como moitos mostramos interese por continuar con novelas de intriga, seguiremos con 13 perros de Fernando Lalana, que ten boa pinta.
De paso coñecemos "O recomendador" da páxina El templo de las mil puertas de lectura infantil e xuvenil.
Na reunión tamén se fixo a entrega dos novos carnets de lectores da biblioteca, e como non...fixémonos unha foto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario