23 marzo 2015

Ola querido lector!

A semana pasada, celebramos unha reunión para debatir sobre os libros que limos. Como xa sabedes, unha parte dos integrantes do clubre leron a primeira entrega de "Cazadores de sombras", e a outra parte "El Hobbit". Ambas novelas son moi entretidas (e extensas) e gustaron moito. "Cazadores de sombras" causou un forte impacto nos lectores do clube, levando a persoas que leron a primeira entrega a ler as demais entregas da saga. Que ben! Por outra parte, "El hobbit" causou menos furor, pero aínda así os seus lectores está contentos có lido, resaltando algúns as súas descripcións.

Disfrutamos dunha reunión divertida, na que falamos dos dous libros, vimos unha excelente presentación e comemos golosinas mentres comentabamos cousas interesantes sobre os libros.

O próximo libro do que falaremos será "El asesino de la corbata", de Marie-Aude Murail, un libro cheo de misterio. Será o mordomo o asasino? Saberalo no seguinte post, o senon, únase a nós e lea este gran libro.

Ata a próxima!

Ningún comentario:

Publicar un comentario